Langue   

Tema 3

Fuzquenlla
Langue: galicien



Peut vous intéresser aussi...

Democracia Virtual
(Fuzquenlla)
No Vietnam
(Benedicto)


[2006]
Álbum: Maqueta '06
http://musikaze.com/upload/usrs/a/lbl_...
As túas palabras
nublan o meu cerebro
deciden por min
contrólanme a mente,
guiándome por un laberinto.

Arrastrándome polas cinzas
dun mundo sen vida
buscando un sono
olvidado no tempo,
que resucite a miña alma
e me permita
vela realidade
da túa creación...

Desfacendo con mentiras
o que antes prometías
sempre o mesmo odio e hipocresía
para a túa salvación,
pero mentres o conseguías
colleitabas ira e dolor
coa semente
do exterminio e a desolación..

Abro os ollos
vexo a luz
guía os meus pasos
entre a escuridade...
dunha terra sometida.

Miro ó ceo
tento ver
unha saida
desta dictadura
establecida.
[x2]

Ves xa non hai solución
somos virus que
destruen ó seu redor
todo o que ves,
ves xa non hai redención
para todos porque
matamonos entre nos
e o mundo tamén.
[x2]

envoyé par giorgio - 29/9/2010 - 08:17




Page principale CCG

indiquer les éventuelles erreurs dans les textes ou dans les commentaires antiwarsongs@gmail.com




hosted by inventati.org