Langue   

Réquiem II

Xerardo Moscoso
Langue: galicien


Xerardo Moscoso


Cando unha voz anónima dixo:
irmao branco, irmao branco,
irmao negro.
Imos coma magoa
e a cadea
do noso pobo
encadeado,
que a vexan todos e a rompan
e tamén se desprendan,
porque toda cadea
ten dous estremos:
un es ti, o branco,
outro son eu, negro.
De non ter con que, en Harlem
morre un negro;
de cansancio ó pe da estatua de libertade
morre un negro;
e de vértigo no alto do Empire State
morre un negro.
Tódolos días morre un negro,
ninguén podía xa aguantar máis.
Hoxe foi en América
Lutero King.
¡Érguete branco!
Érguete negro!



Page principale CCG

indiquer les éventuelles erreurs dans les textes ou dans les commentaires antiwarsongs@gmail.com




hosted by inventati.org