Lingua   

Espranza

Celso Emilio Ferreiro
Lingua: Galiziano


Celso Emilio Ferreiro


Erguerémo-la espranza
sobre ista terra escura
coma quen ergue un facho
nunha noite sin lúa.‎
‎ ‎
Marcharemos cinguidos
polos duros segredos
dunha patria soñada
á que non voltaremos. ‎

Non sabrán o camiño
que pra entón colleremos.
Longos ríos de brétema,
longos mares de tempo. ‎

Tripulantes insomnes,
na libertá creemos.
Viva, viva, decimos
aos que están no destero ‎

e soñan cun abrente
de bandeiras ao vento. ‎

Adictos da saudade
que levades a luz polos vieiros.
‎¡Saúde a todos,
compañeiros! ‎



Pagina principale CCG

Segnalate eventuali errori nei testi o nei commenti a antiwarsongs@gmail.com




hosted by inventati.org