Lingua   

Cantan as balas

Sés
Lingua: Galiziano


Sés

Ti può interessare anche...

Tempestades de sal
(Sés)
Milonga de aquí
(Sés)
Neno orfo con cabalos ao fondo
(Celso Emilio Ferreiro)


(2022)




Cantan as balas foi escrita en 2020, cando o meu medo comezaba a aumentar vendo o que estaba a acontecer política e socialmente, e cara a onde nos dirixíamos.

É unha canción lúcida, por iso escura, mais creo que é tamén unha das cancións con máis forza e vida de todas as que levo feito.

Sés

Cantan as balas
Cantan as balas
himnos de paces falsificadas

Oran os reos
Oran os reos
e os fieis disparan contra os ateos

O demo mata
O demo mata
cose a ferida con fío de prata

Chaman cordura
Chaman cordura
a conservar a súa censura

E fórmulas en lata
engordan as ratas
que entran bailar
e, evadindo as miradas,
sábense salvadas

O tempo amodo
O tempo amodo
tira da vida e morre todo

Medra a herba mala
Medra a herba mala
e non hai brazos para arrincala

A turba mira
A turba mira
e como toda resposta respira

Chaman cordura
Chaman cordura
a conservar a súa censura

E fórmulas en lata
engordan as ratas
que entran bailar
e, evadindo as miradas,
sábense salvadas

Cantan as balas
Cantan as balas
himnos de paces falsificadas

22/10/2022 - 23:40




Pagina principale CCG

Segnalate eventuali errori nei testi o nei commenti a antiwarsongs@gmail.com




hosted by inventati.org