Lingua   

Heroes da resistencia

Nao
Lingua: Galiziano


Ti può interessare anche...

Cholo peruán
(Xulio Formoso)
María Soliña
(Celso Emilio Ferreiro)


2013
Cancións de Amor e Liberdade
Cancións de Amor e Liberdade
Afortunados os que temos pasado
e os que podemos recordalo en voz alta.
Os que non temos que pensar en silencio
como o acusado que di non lembrar nada.
Fomos valentes nun mundo de covardes.
Corrimos moito para non chegar tarde.
Fomos as vítimas da nosa inocencia.
Heroes da resistencia.
Abrazados nos mostramos respeto.
Lembro sorrisos, os favores, os tiros, os beizos,
a amizade que derrete os complexos,
a violencia de ida e volta, a emoción. Lembro o sexo.
Teño enrugas pateei moitas rúas.
Gañei partidas, movín fichas, rechacei moitas vidas.
E a lección sen mestre aprendida,
é a lección a paus entendida.
Fomos valentes nun mundo de covardes.
Corrimos moito para non chegar tarde.
Fomos as vítimas da nosa inocencia.
Heroes da resistencia.
Non houbo mitos de referencia.
Sempre por armas a nosa conciencia.
Somos unha familia que se fixo na rúa.
Netos desta ditadura.
Sempre fieis ás nosas ideas,
temos amigos que están na cadea.
E sei que a distancia nos separa en silencio,
pero nos vale, recupéranse voces e tempo.
A nosa historia cambiounos a vida.
Xa non somos amigos, agora somos familia.
Unha herdanza para os libros de historia.
Fomos coraxe nun país de vergoña.
Fomos valentes nun mundo de covardes.
Corrimos moito para non chegar tarde.
Fomos as vítimas da nosa inocencia.
Heroes da resistencia.
Non houbo mitos de referencia.
Sempre por armas a nosa conciencia.
Somos unha familia que se fixo na rúa.
Netos desta ditadura.
Fomos valentes nun mundo de covardes.
Corrimos moito para non chegar tarde.
Fomos as vítimas da nosa inocencia.
Heroes da resistencia.
Non houbo mitos de referencia.
Sempre por armas a nosa conciencia.
Somos unha familia que se fixo na rúa.
Netos desta ditadura.

inviata da dq82 - 4/1/2016 - 15:26



Pagina principale CCG

Segnalate eventuali errori nei testi o nei commenti a antiwarsongs@gmail.com




hosted by inventati.org