Original | Traduzione galiziana da “Antoloxía de poesía rusa. De Pushkin... |
ДАЙ БОГ! | DEUS QUEIRA! |
| |
Дай бог слепцам глаза вернуть | Deus queira que os cegos a vista recobren |
и спины выпрямить горбатым. | e o lombo endereiten os eslombados. |
Дай бог быть богом хоть чуть-чуть, | Deus queira que sexamos deuses, aínda que sexa un pouquiño, |
но быть нельзя чуть-чуть распятым. | mais non é posible ser un pouquiño crucificado. |
| |
Дай бог не вляпаться во власть | Deus queira que non nos manchemos de poder |
и не геройствовать подложно, | e que non nos fagamos falsamente o heroe, |
и быть богатым — но не красть, | e que sexamos ricos, mais sen roubar, |
конечно, если так возможно. | claro está, se é posible. |
| |
Дай бог быть тертым калачом, | Deus queira que sexamos cans vellos, |
не сожранным ничьею шайкой, | sen ser devorados por ningunha banda, |
ни жертвой быть, ни палачом, | sen converternos en vítima nin en verdugo, |
ни барином, ни попрошайкой. | nin gran señor nin mendigo. |
| |
Дай бог поменьше рваных ран, | Deus queira que teñamos poucas feridas abertas |
когда идет большая драка. | cando haxa grandes pelexas. |
Дай бог побольше разных стран, | Deus queira que haxa máis países distintos |
не потеряв своей, однако. | sen perdermos nós o noso, claro está. |
| |
Дай бог, чтобы твоя страна | Deus queira que o teu país |
тебя не пнула сапожищем. | non te dé un gran couce. |
Дай бог, чтобы твоя жена | Deus queira que a túa muller |
тебя любила даже нищим. | te ame mesmo sendo pobre. |
| |
Дай бог лжецам замкнуть уста, | Deus queira pecharlle a boca aos mentireiros |
глас божий слыша в детском крике. | cando se escoite a voz de deus no pranto dun neno. |
Дай бог живым узреть Христа, | Deus queira que contemplemos con vida a Cristo |
пусть не в мужском, так в женском лике. | mesmo con non de home senón de muller o seu rostro. |
| |
Не крест — бескрестье мы несем, | Non portamos a cruz senón o noso calvario, |
а как сгибаемся убого. | pero con que patetismo nos inclinamos. |
Чтоб не извериться во всем, | Para non perder a fe en todo, |
Дай бог ну хоть немного Бога! | Deus queira que se nos conceda un pouquiño de Deus! |
| |
Дай бог всего, всего, всего | Deus queira que teñamos de todo, de todo, de todo |
и сразу всем — чтоб не обидно... | e todos de golpe, para que ninguén se ofenda… |
Дай бог всего, но лишь того, | Deus queira que teñamos de todo, pero tan só aquilo |
за что потом не станет стыдно. | polo que non sentir despois vergonza. |