Language   

Muller

Fuxan os Ventos
Language: Galician


Fuxan os Ventos


A meu gaiteriño,
ainda me acordo,
cando baixabas polo monte abaixo,
e viñasme ti dicindo.

Bota carne no pote, Marianiña,
bota carne no pote, Marianá,
un molete enteiro. enservelletado,
unha bota con viño, chupáená!

Muller, fartura de loita
qué che hei decire eu, muller?!
Ti és coma a terra nosa,
e a terra é coma ti é!

Deixeivos a entrambas soias
anque convosco quedei
Valeira está a terra, morna
ti, sementada, abofé.

E o vento decia
pronto hai de volver!,
pra tira-la fame, pra poder comer.

Ai, muller, cántas noitiñas,
te deitaches coa tristura?
E o vento, ainda che traguía,
as novas dos que marmuran.

E o vento decia
pronto hai de volver!,
pra tira-la fame, pra poder comer.


Ti és o milagre da terra
e, a terra é un milagre teu
mistura de mel e cerna
de fera e de anxo do ceo.

Pariches de pé o fillo,
como fan no mente as bestas.
E hoxe que volto vencido,
para que eu venza ti te deitas.

O voltar, qué che hei decir?!
Maldito o día e a hora
en que te deixei aquí
pra percurar vida fora!

O inverno da emigración
roubóunos a primavera,
quén eu era, xa non son,
e ti non és a que eras!

Xa poden os leiros dar
colleitas ben abondosas,
poden en Madrí falar
con palabras ben fermosas,
que nunca, nunca, nos han de pagar
a nosa fame de outrora!



Main Page

Please report any error in lyrics or commentaries to antiwarsongs@gmail.com

Note for non-Italian users: Sorry, though the interface of this website is translated into English, most commentaries and biographies are in Italian and/or in other languages like French, German, Spanish, Russian etc.




hosted by inventati.org