Lingua   

Neno orfo con cabalos ao fondo

Celso Emilio Ferreiro
Lingua: Galiziano



Pasaron os cabalos da noite e veu a ialba. ‎
Madre, ‎
iste é o país das bágoas. ‎
Pasaron os cabalos da noite ‎
agallopando. ‎
Madre, ‎
iste é o país do pranto. ‎
Coma un vagalume senlleiro, ‎
estar quixera ‎
cheo de luz nos carreiros. ‎
Pasaron os cabalos da noite ‎
coma un vento mouro. ‎
Madre, ‎
os cabalos deixáronme orfo. ‎


Pagina principale CCG

Segnalate eventuali errori nei testi o nei commenti a antiwarsongs@gmail.com




hosted by inventati.org