Das Kapital

Antiwar songs by Das Kapital
MusicBrainzMusicBrainz DiscogsDiscogs Spain Spain

Das KapitalDas Kapital é un grupo de música de Santiago de Compostela. Debe o seu nome á obra Das Kapital de Karl Marx. Está formado por Daniel Salgado, O Leo, Tomás Ageitos e Marcos Payno.

O seu debut aconteceu interpretando en directo a súa adaptación do poema "Narcisismo" de Lois Pereiro nunha homenaxe á formación coruñesa Radio Océano (grupo no que militaba o seu irmán Xosé Manuel Pereiro) que se celebrou na Sala Nasa.

O Leo é o cantante, pero cunha faciana totalmente afastada da súa vertente de cantautor punk como O Leo i Arremecaghona. O núcleo principal complétano o poeta, ideólogo e xornalista Dani Salgado e o compositor e arreglista Marcos Paino, que se encarga de sintetizar unha agrupación con actitude e pensamento propios, cun funcionamento descentralizado, aberto pero militante. As súas composicións procuran a axitación de quen escoite as cancións, cunhas letras provocativas.

En xullo de 2011 editaron o seu primeiro disco, Ruído Negro, en formato LP e en mp3. En abril de 2013 editaron Grecia, en formato CD e mp3, co selo Discos da máquina.